En 3 anos interésanos introducir aos nen@s nas partes do ordenador e nas destrezas básicas.
Debemos empezar con xogos de movemento do rato para que vaian tomando conciencia de como inflúe o movemento da súa man en relación co cursor.
Posteriormente comezaremos a empregar o clic no botón esquerdo para seleccionar obxetos:movelos, facelos soar, desaparecer...
Por último aprenderán a arrastrar obxetos despois de facer clic e incluso volver soltalos onde sexa necesario.
* Algún dos xogos está en inglés, resulta moi productivo que o alumnado se vaia acostumando dende pequeno a empregar outras linguas, e moito máis se o fai á vez que se divirte!
* Ademáis destes recursos, a PDI (Pizarra Dixital Interactiva) ofrécenos múltiples posibilidades para comezar a traballar a lectoescritura de forma significativa (a partir dos propios nomes dos nen@s...).
Pouco a pouco mostrarémoslles como imos empregando este medio para traballar na aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario