CANDELA SANTOS UZAL, MESTRA DE APOIO DE EDUCACION INFANTIL DO CEIP SAN MARCOS (ABEGONDO, A CORUÑA)
benvidos

31 ene 2012

OS NOSOS DESEXOS

A semana pasada limos o seguinte conto traducido ao galego:


"PIDE UN DESEO": Andrea era unha rapaza a que lle gustaba moito saír pescar. Ao anoitecer,contemplaba as estrelas e pedíalles desexos; logo deitábase cedo ca esperanza de que algún día estes desexos foran unha realidade....

Falamos sobre qué entendiamos por desexos, que desexos nos gustaría pedir ás estrelas, se podiamos pedir desexos noutras ocasións ou non... sairon un montón de situacións nas que podemos pedir desexos:  

"cando sopramos as velas dos nosos cumples"
"cando tomamos as uvas un día do ano... que non me acordo de cal é"
" Se vemos a un xenio que sae dunha lámpara"  
...

Ademáis pensamos entre tod@s que sería moi boa idea escribir e debuxar os nosos desexos e colgalos nalgunha parede da clase para que tod@s os puidesen ver. Estas son algunhas das preciosas produccións:







Oxalá que tod@s se cumpran algún día......

* Con esta actividade traballamos a lectoescritura de forma significativa, pensamos, fomos capaces de expresar os nosos pensamentos, contámosllos aos demáis, escoitamos,dialogamos,compartimos....

No hay comentarios:

Publicar un comentario