CANDELA SANTOS UZAL, MESTRA DE APOIO DE EDUCACION INFANTIL DO CEIP SAN MARCOS (ABEGONDO, A CORUÑA)
benvidos

29 feb 2012

RECURSOS TIC

OLA A TOD@S!!

  Como xa saben, nas clases de apoio empregamos moito os recursos dixitais, por eso quero recordarlles que na parte inferior dereita deste blogue vou recollendo os recursos, actividades, xogos interactivos....cos que imos traballando na aula e que máis lles gustan os nen@s. 

  Recollo a continuación os recursos cos que estamos a traballar actualmente; pinchando nos enlaces poderán acceder a eles para que os peques poidan xogar nas súas casas:

Actualmente con 5 anos (para exercitar a comprensión lectora, un aspecto moi importante).

 


Actualmente con 4 anos (colaborando así co proxecto "O inverno", que se está levando a cabo neste nivel)

 


Actualmente con 3 anos (para que os máis peques se vaian familiarizando co ordenador, o rato e a PDI)




28 feb 2012

OS NOSOS RETRATOS AO ESTILO ANDY WARHOL

  E aquí podemos ver o resultado dos nosos retratos ao estilo Andy Warhol (5 anos A e B),  xa sequiños e listos para facer unha preciosa exposición.




Asinámolos indicando o noso nome seguido do apelido "Warhol", xa que estamos feitos uns/nhas artistas como el!!!

 SON MOI PARECIDOS AOS QUE EL FACÍA VERDADE? 


ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN! 

MOITOS BIQUIÑOS DE CORES :)

*  OS NEN@S QUE NON ESTÁN INCLUIDOS NA PRESENTACIÓN NON ASISTIRAN A CLASE O DÍA QUE FIXEMOS A ACTIVIDADE, PERO REALIZARANA NOUTRO MOMENTO QUE SEXA POSIBLE



24 feb 2012

ANDY WARHOL

HOXE NA CLASE DE INFORMÁTICA DE 5 ANOS B,  BUSCAMOS INFORMACIÓN SOBRE

ANDY WARHOL


 IMPRIMIMOS UNHA FOTO SÚA E AS OBRAS QUE MÁIS NOS GUSTARON DEL.

A CONTINUACIÓN, DECIDIMOS FACER OS NOSOS RETRATOS 
"AO ESTILO ANDY WARHOL"; 
PINTANDO CON MOITAS CORES  SOBRE AS  NOSAS FOTOGRAFÍAS EN BRANCO E NEGRO.

AQUÍ AMOSAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DO PROCESO; 
 CANDO AS NOSAS OBRAS ESTÉN REMATADAS MOSTRAREMOS O RESULTADO CON OUTRA PRECIOSA PRESENTACIÓN COMO ESTA.
(TAMÉN O ESTOU A FACER NA CLASE DE 5 ANOS A, PROXIMAMENTE SUBIREI TAMÉN A PRESENTACIÓN).




MOITOS BIQUIÑOS A TOD@S!!!

11 feb 2012

CARTAS AO ALCALDE

OLA A TOD@S!


  Levaba xa un tempo realizando cos nen@s de 5 anos este pequeno libriño: "CARTAS AO ALCALDE"e por fin podemos amosarvos o resultado.

O tema xurdeu a raíz de conversar sobre o noso concello: Abegondo

¿Que lugares, recursos, cousas....podemos atopar en Abegondo? 
¿ Que cousas non hai e gustaríanos moito que houbera?
¿A quen lle poderiamos pedir todas estas cousas? 


Así naceu o nosa producción: CARTAS AO ACALDE (pequeno libriño en forma de pequenas cartas do alumnado).

Estas son tan só algunhas fantásticas mostras

 * Os debuxos e parte do texto foron realizados na PDI por parte do alumnado de 5 anos.












 * A derradeira fotografía pertence á contraportada do noso libro

Gustounos moito facelo! 

* Con esta actividade: 

- Traballamos ca PDI
- Colocamos o sello no lugar correspondente
- Aprendemos qué debiamos especificar no sobre (destinatario, dirección, remite...)
- Realizamos exercicios de reflexión (que cousas non hai, ou hai poucas e gustaríanos que houbese).
...
 








3 feb 2012

PSICOMOTRICIDADE 4 ANOS

OLA A TOD@S!

  Aquí estou de novo para ensinarlles un pouquiño como foi unha das sesións de psicomotricidade desarrollada cun grupo de alumn@s de 4 anos "B".

  No ximnasio, temos habilitado un lugar para colocar xornais deportivos; aproveitamos as súas follas para facer moitos xogos (acostumando ao alumnado a reutilizar materiais e a desarrollar a súa capacidade creativa), e mesmo intentamos "ler" os seus nomes e os titulares das noticias deportivas que máis chamen a nosa atención.

APROVEITO PARA COMUNICARLLES QUE OS NEN@S PODEN TRAER PERIÓDICOS DEPORTIVOS AO COLE SEMPRE QUE QUEIRAN; SON UN RECURSO DE MÚLTIPLE E RICA APLICACIÓN DIDÁCTICA , ADEMÁIS DUNHA FORMA LÚDICA DE ACHEGARSE Á PRENSA E DE CONEXIÓN DA ESCOLA COA REALIDADE.



 
Nesta sesión en concreto, realizamos múltiples xogos cos periódicos como o que se pode ver nas seguintes fotografías:

BAILAMOS ENRIBA DUNHA FOLLA AO RITMO DUNHA MARCHOSA CANCIÓN (SEN PODER POUSAR NINGUNHA PARTE DO NOSO CORPO FÓRA DA FOLLA!!!) CADA VEZ QUE PARASE DE SOAR A MÚSICA, DEBIAMOS DOBRAR O PERIÓDICO POLA METADE...Á SEGUINTE PARADA VOLVELO DOBRAR OUTRA VEZ...E ASÍ SUCESIVAMENTE ATA QUEDARNOS CUN ANAQUIÑO DE FOLLA MOI MOI MOI MOI PEQUENIÑO!! 

  QUE BEN AGUANTAMOS O  EQUILIBRIO!!!








  
Ademáis, sempre sempre sempre despois de facer actividades de relaxación tras tanto exercicio, analizamos todo o que ocorreu durante a sesión: que cousas cambiariamos e por que, que foi o que fixemos ben...(eles vanme dicindo e eu vou rexistrando na nosa cartolina).

Así aprendemos a ir analizando, sendo conscientes/consecuentes cas nosas accións, desarrollando propostas, recoñecendo méritos...)
 


E NUNCA ABANDOAMOS O XIMNASIO SEN DARNOS, XA PRETO DA SAÍDA, UNHA GRANDE APERTA (DESE XEITO PERDOÁMONOS TODO O QUE POIDA TER ACONTECIDO DURANTE A SESIÓN: TROPEZÓNS SEN QUERER, MALOS ENTENDIDOS....)




1 feb 2012

KANDINSKY


  Hoxe na clase de Psicomotricidade de 5 anos, emulamos un cadro de Kandinsky con obxetos do ximnasio...

                              QUEDOUNOS PRECIOSO!!


 Analizamos as cores, as formas, as proporcións, a composición....




...Comparamos, reformulamos,colaboramos todos para lograr o noso obxectivo...


XUNTOS CELEBRAMOS O MOITO QUE NOS GUSTOU O RESULTADO DESPOIS DE TANTO TRABALLO!


 

A PAZ PARA NÓS....

  O  pasado día 30 de xaneiro nas aulas de 5 anos dialogamos sobre 

¿Que é eso da "PAZ"?


  Estas foron algunhas das respostas (algúns/nhas quixeron aclaralo escribindo, noutr@s as imaxes falan por sí mesmas...):