Este é o blogue de apoio de Educación Infantil do CEIP San Marcos de Abegondo (A Coruña).
Trátase dun espazo para compartir coas familias,alumn@s,profes e visitantes que traballan ou conviven cos máis peques do cole.
...As nosas produccións,os resultados das nosas investigacións,experiencias,vivenzas do día a día...os nosos primeiros pasiños.
¡¡ Espero que lles guste !!
Para darlles a benvida, elexín unha poesía de Azuzena Arias que considero que recolle á perfección as intencións da miña práctica educativa,aprender por proxectos:
Un
día María
camiño da escola
fixo unha pregunta,
así como soa:
- Avoa...
por que as nubes
teñen formas variadas?
Por que cando chove...
parecen queimadas?
camiño da escola
fixo unha pregunta,
así como soa:
- Avoa...
por que as nubes
teñen formas variadas?
Por que cando chove...
parecen queimadas?
-
Xa soa o timbre...
dígocho á tardiña?
Entra logo á clase.
Entra, bule, axiña!
A nena, na clase
deixa a mochila...
mais segue coa pregunta
cavila e cavila.
A pregunta inqueda,
dá curiosidade,
é coma un aguillón
que pica de verdade.
- Rauliño...
ti sabes?...
- Que hei saber?
- Por que algunhas nubes...
poden escurecer?
Rauliño queda
un cacho pensando...
Esa preguntiña
estao amolando.
María colócase
na asemblea sentada,
e pronto a ven
coa man levantada:
- Teño unha pregunta
- Moi interesante?
- As nubes do ceo...
non son algo intrigante?
As formas, as cores
non deixan de mudar
e mesmo son móbiles
e cambian de lugar...
- Porque son lixeiras
- Teñen movemento
- Porque están cargadas
- Porque sopra o vento
- ...
dígocho á tardiña?
Entra logo á clase.
Entra, bule, axiña!
A nena, na clase
deixa a mochila...
mais segue coa pregunta
cavila e cavila.
A pregunta inqueda,
dá curiosidade,
é coma un aguillón
que pica de verdade.
- Rauliño...
ti sabes?...
- Que hei saber?
- Por que algunhas nubes...
poden escurecer?
Rauliño queda
un cacho pensando...
Esa preguntiña
estao amolando.
María colócase
na asemblea sentada,
e pronto a ven
coa man levantada:
- Teño unha pregunta
- Moi interesante?
- As nubes do ceo...
non son algo intrigante?
As formas, as cores
non deixan de mudar
e mesmo son móbiles
e cambian de lugar...
- Porque son lixeiras
- Teñen movemento
- Porque están cargadas
- Porque sopra o vento
- ...
Así
durante un intre
toda a clase fala..
mais os argumentos
non lles gustan nada.
As respostas dadas
non enchen a ninguén:
hai que investigalo
para sabelo ben!
Escriben con tino
o que queren saber:
cun pequeno guión
nada van esquecer.
Prepáranse felices
para investigar,
organizan con tino
onde, como,..., cal.
Buscan nos libros
e con navegadores,...
preguntan no blogue
e a persoas maiores,...
Recollen nun folio
todo o que lles din
Moitas, moitas verbas
e fotos sen fin.
Teñen sobre o tema
tanta información
que queren colocala
nunha exposición...
Saben moito das nubes
e calidades delas...
- Damos unha conferencia
aos nenos e ás nenas?
toda a clase fala..
mais os argumentos
non lles gustan nada.
As respostas dadas
non enchen a ninguén:
hai que investigalo
para sabelo ben!
Escriben con tino
o que queren saber:
cun pequeno guión
nada van esquecer.
Prepáranse felices
para investigar,
organizan con tino
onde, como,..., cal.
Buscan nos libros
e con navegadores,...
preguntan no blogue
e a persoas maiores,...
Recollen nun folio
todo o que lles din
Moitas, moitas verbas
e fotos sen fin.
Teñen sobre o tema
tanta información
que queren colocala
nunha exposición...
Saben moito das nubes
e calidades delas...
- Damos unha conferencia
aos nenos e ás nenas?
Anuncian o evento
con cartelería
colocan lugar, hora, ..., tema,
con cartelería
colocan lugar, hora, ..., tema,
conferenciantes e día.
Que gran aventura
a de coñecer!
Unha pequena dúbida
lévanos a aprender.
Que gran aventura
a de coñecer!
Unha pequena dúbida
lévanos a aprender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario