CANDELA SANTOS UZAL, MESTRA DE APOIO DE EDUCACION INFANTIL DO CEIP SAN MARCOS (ABEGONDO, A CORUÑA)
benvidos

13 may 2012

DONA CARME




O pasado venres,os nenos/as da clase Laranxa interpretaron ás mil marabillas a historia de DONA CARME. Tras moitos días de ensaio, por fin se estrearon coma magníficos/as actores e actrices.

Cando remataron, foron moi aplaudidos/as,eque non era para menos co ben que o fixeron.Pasámolo xenial!

Pinchando no seguinte enlace, poderán ver o vídeo da actuación. A continuación, algunhas fotos do fermoso día.