CANDELA SANTOS UZAL, MESTRA DE APOIO DE EDUCACION INFANTIL DO CEIP SAN MARCOS (ABEGONDO, A CORUÑA)
benvidos

26 abr 2012

PROXECTO ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE


OLA A TOD@S!

   Os nenos/as de 4 anos (tanto A coma B), comezaron a facer un proxecto sobre o encoro de Abegondo-Cecebre a raíz da saída que fixemos a ese lugar, posto que lles gustou moito.  

    Nel investigarán sobre as utilidades do encoro e sobre a fauna e vexetación características do mesmo. 

Por este motivo, na clase de apoio comezamos a facer actividades relacionadas co proxecto


1. REPASAMOS A CONTORNA DO ENCORO NUN MAPA DO NOSO CONCELLO.

2. CUBRIMOS A SUPERFICIE QUE OCUPA O ENCORO NO MESMO.



ADEMÁIS, XOGAMOS COAS ACTIVIDADES DO LIBRO LIM REALIZADO POLA PROFE SOFÍA DESDE A BIBLIOTECA (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanmarcos/aulavirtual/file.php/17/actividades/a_candeloria.html ) ; TRÁTASE DUN LIM SOBRE A CANDELORIA, PERO NA PARTE FINAL CONTÉN MOITAS ACTIVIDADES DIVERTIDAS SOBRE OS NOSOS PAXAROS.



























































































































































































































































































PROXECTO SOBRE OS NOSOS NOMES (3 ANOS A e B)

OLA   A   TOD@S!

 Como saben, durante o 1º  e o 2º trimestre nas clases de apoio, comezamos a dar os nosos primeiros pasos co proxecto“OS NOSOS NOMES”.   

   Para O alumnado,  O nome propio é o texto funcional por excelencia (atópase escrito no seu mandilón, no percheiro, nos seus libros…) e representa unha parte moi importante da súa identidade (o que produce gran motivación para aprender; trátase do primeiro texto que un neno/a quere recoñecer, “ler” e escribir) por tanto, é a peza clave para iniciarse no desenvolvemento da lectoescritura.

O primeiro paso que nos marcamos foi coñecer que sabiamos acerca dos nomes e que nos gustaría saber  deles



Partindo de aquí, comezamos a “facer camiño” e a disfrutar construíndo entre todos as nosas aprendizaxes.

•Intentamos escribir o noso nome "como podiamos"; respetando sempre os diferentes ritmos e o nivel de desarrollo de cada un@ (algun@s lograron algúns grafismos, outr@s xa coñecíab algunhas letras e combináronas con grafismos, outr@s realizaron un pequeno debuxo…).
•Recoñecimos e identificamos o noso  nome nas nosas  perchas, libros, sitios…
•Contamos cada letra do noso nome con pinzas e colocamos cada unha destas no  lugar correspondente.
•Decoramos os nosos nomes con gomets  e confecionamos salvamanteis para empregar na aula á hora da merenda.
• Palmeamos as sílabas dos nosos nomes, coñecimos o que é un “cuenco tibetano” e experimentamos con el, dando tantos golpeciños coma sílabas teñen os nosos nomes.
•Identificamos as letras polas que empezanos nosos nomes.
•O noso nome ¿é unha palabra longa ou curta? (realización de debates e comprobacións).
• Nomeamos cada unha das letras visualizándolas no encerado.
•Traballamos cos nosos  nombes na Pizarra Digital interactiva.
•Buscamos nomes que comezasen pola mesma letra e contamos cantos había.
•Levamos a casa o libro “Nuestros nombres” para interacionar con el coa axuda das nosas familias.


A maioría xa sabe escribir os seus nomes! que gran satisfación para tod@s! :) 

Aquí lles mostramos unha pequena presentación dos nosos traballiños 





Neste derradeiro trimestre, continuaremos traballando os nosos nomes e comezaremos cos apelidos;  ademáis, paralelamente sumerxímonos nun proxecto sobre "O noso corpo" xa que aos nenos/as mostraban moito interese por este aspecto. 

  Estamos moi ilusionados coa súa realización, pouco a pouco iremos subindo actividades e fotografías do que imos facendo.


MOITOS  BICOS  DE  CORES !