CANDELA SANTOS UZAL, MESTRA DE APOIO DE EDUCACION INFANTIL DO CEIP SAN MARCOS (ABEGONDO, A CORUÑA)
benvidos

3 feb 2012

PSICOMOTRICIDADE 4 ANOS

OLA A TOD@S!

  Aquí estou de novo para ensinarlles un pouquiño como foi unha das sesións de psicomotricidade desarrollada cun grupo de alumn@s de 4 anos "B".

  No ximnasio, temos habilitado un lugar para colocar xornais deportivos; aproveitamos as súas follas para facer moitos xogos (acostumando ao alumnado a reutilizar materiais e a desarrollar a súa capacidade creativa), e mesmo intentamos "ler" os seus nomes e os titulares das noticias deportivas que máis chamen a nosa atención.

APROVEITO PARA COMUNICARLLES QUE OS NEN@S PODEN TRAER PERIÓDICOS DEPORTIVOS AO COLE SEMPRE QUE QUEIRAN; SON UN RECURSO DE MÚLTIPLE E RICA APLICACIÓN DIDÁCTICA , ADEMÁIS DUNHA FORMA LÚDICA DE ACHEGARSE Á PRENSA E DE CONEXIÓN DA ESCOLA COA REALIDADE.



 
Nesta sesión en concreto, realizamos múltiples xogos cos periódicos como o que se pode ver nas seguintes fotografías:

BAILAMOS ENRIBA DUNHA FOLLA AO RITMO DUNHA MARCHOSA CANCIÓN (SEN PODER POUSAR NINGUNHA PARTE DO NOSO CORPO FÓRA DA FOLLA!!!) CADA VEZ QUE PARASE DE SOAR A MÚSICA, DEBIAMOS DOBRAR O PERIÓDICO POLA METADE...Á SEGUINTE PARADA VOLVELO DOBRAR OUTRA VEZ...E ASÍ SUCESIVAMENTE ATA QUEDARNOS CUN ANAQUIÑO DE FOLLA MOI MOI MOI MOI PEQUENIÑO!! 

  QUE BEN AGUANTAMOS O  EQUILIBRIO!!!








  
Ademáis, sempre sempre sempre despois de facer actividades de relaxación tras tanto exercicio, analizamos todo o que ocorreu durante a sesión: que cousas cambiariamos e por que, que foi o que fixemos ben...(eles vanme dicindo e eu vou rexistrando na nosa cartolina).

Así aprendemos a ir analizando, sendo conscientes/consecuentes cas nosas accións, desarrollando propostas, recoñecendo méritos...)
 


E NUNCA ABANDOAMOS O XIMNASIO SEN DARNOS, XA PRETO DA SAÍDA, UNHA GRANDE APERTA (DESE XEITO PERDOÁMONOS TODO O QUE POIDA TER ACONTECIDO DURANTE A SESIÓN: TROPEZÓNS SEN QUERER, MALOS ENTENDIDOS....)




No hay comentarios:

Publicar un comentario