OLA A TOD@S!
Levaba xa un tempo realizando cos nen@s de 5 anos este pequeno libriño: "CARTAS AO ALCALDE"e por fin podemos amosarvos o resultado.
O tema xurdeu a raíz de conversar sobre o noso concello: Abegondo
¿Que lugares, recursos, cousas....podemos atopar en Abegondo?
¿ Que cousas non hai e gustaríanos moito que houbera?
¿A quen lle poderiamos pedir todas estas cousas?
Así naceu o nosa producción: CARTAS AO ACALDE (pequeno libriño en forma de pequenas cartas do alumnado).
Estas son tan só algunhas fantásticas mostras
* Os debuxos e parte do texto foron realizados na PDI por parte do alumnado de 5 anos.
* A derradeira fotografía pertence á contraportada do noso libro
Gustounos moito facelo!
* Con esta actividade:
- Traballamos ca PDI
- Colocamos o sello no lugar correspondente
- Aprendemos qué debiamos especificar no sobre (destinatario, dirección, remite...)
- Realizamos exercicios de reflexión (que cousas non hai, ou hai poucas e gustaríanos que houbese).
...
No hay comentarios:
Publicar un comentario