O vindeiro martes (dia 15 de maio) celebraremos o DÍA DAS FAMILIAS. No ano 1993 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decidiu elexir o 15 de
maio como o día Internacional das Familias ca fin de
fomentar os lazos familiares.
A familia , sexa do tipo que sexa (monoparental ou monomarental,
ésa na que os pais non conviven ou aquela na que os pais ou nais son
dúas persoas do mesmo sexo) é o elemento máis importante da sociedade
humana, onde os nenos e nenas medran e son educados, onde deben recibir
amor, coidados e protección , ademais dunha formación integral como
seres humanos.
O libro da familia de Todd Parr (atopado no blogue Aula TiC de Ferrol), resulta moi adecuado para traballar esta temática dende a diversidade.
Para xogar co ordenador: http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/1_ibcmass_u10_medio/index.html |
No hay comentarios:
Publicar un comentario