OLA A TOD@S!
Os nenos/as de 4 anos (tanto A coma B), comezaron a facer un proxecto sobre o encoro de Abegondo-Cecebre a raíz da saída que fixemos a ese lugar, posto que lles gustou moito.
Nel investigarán sobre as utilidades do encoro e sobre a fauna e vexetación características do mesmo.
Por este motivo, na clase de apoio comezamos a facer actividades relacionadas co proxecto
1. REPASAMOS A CONTORNA DO ENCORO NUN MAPA DO NOSO CONCELLO.
2. CUBRIMOS A SUPERFICIE QUE OCUPA O ENCORO NO MESMO.
ADEMÁIS, XOGAMOS COAS ACTIVIDADES DO LIBRO LIM REALIZADO POLA PROFE SOFÍA DESDE A BIBLIOTECA (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanmarcos/aulavirtual/file.php/17/actividades/a_candeloria.html ) ; TRÁTASE DUN LIM SOBRE A CANDELORIA, PERO NA PARTE FINAL CONTÉN MOITAS ACTIVIDADES DIVERTIDAS SOBRE OS NOSOS PAXAROS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario