OLA A TOD@S!
Como saben, durante o 1º e o 2º trimestre nas clases de apoio, comezamos a dar os nosos primeiros pasos co proxecto“OS NOSOS NOMES”.
Para O alumnado, O nome propio é o texto funcional por
excelencia (atópase escrito no seu mandilón, no percheiro, nos seus
libros…) e representa unha parte moi importante da súa identidade (o que produce
gran motivación para aprender; trátase do primeiro texto que un neno/a quere
recoñecer, “ler” e escribir) por tanto, é a peza clave para iniciarse no desenvolvemento da lectoescritura.
O primeiro paso que nos marcamos foi coñecer
que sabiamos acerca dos nomes e que nos gustaría saber deles
Partindo
de aquí, comezamos a “facer camiño” e a disfrutar construíndo entre todos
as nosas aprendizaxes.
•Intentamos escribir o noso nome
"como podiamos"; respetando sempre os diferentes ritmos e o nivel
de desarrollo de cada un@ (algun@s lograron algúns grafismos, outr@s xa coñecíab algunhas letras e combináronas
con grafismos, outr@s realizaron un pequeno debuxo…).
•Recoñecimos e identificamos o noso nome nas nosas perchas, libros, sitios…
•Contamos cada
letra do noso nome con pinzas e colocamos cada unha destas no lugar
correspondente.
•Decoramos
os nosos nomes con gomets e confecionamos salvamanteis para empregar na aula á hora da merenda.
• Palmeamos as
sílabas dos nosos nomes, coñecimos o que é un “cuenco tibetano” e
experimentamos con el, dando tantos golpeciños coma sílabas teñen os nosos
nomes.
•Identificamos as letras polas que empezanos nosos nomes.
•O noso nome ¿é unha palabra longa ou curta?
(realización de debates e comprobacións).
• Nomeamos cada unha das letras
visualizándolas no encerado.
•Traballamos
cos nosos nombes na Pizarra Digital interactiva.
•Buscamos nomes que comezasen pola mesma
letra e contamos cantos había.
•Levamos a casa o libro “Nuestros nombres” para
interacionar con el coa axuda das nosas familias.
A maioría xa sabe escribir os seus nomes! que gran satisfación para tod@s! :)
Aquí lles mostramos unha pequena presentación dos nosos traballiños
Neste derradeiro trimestre, continuaremos traballando os nosos nomes e comezaremos cos apelidos; ademáis, paralelamente sumerxímonos nun proxecto sobre "O noso corpo" xa que aos nenos/as mostraban moito interese por este aspecto.
Estamos moi ilusionados coa súa realización, pouco a pouco iremos subindo actividades e fotografías do que imos facendo.
MOITOS BICOS DE CORES !